martes, 24 de enero de 2012

A rede internet.





Servicios de Internet.
Navegación. 
O servizo con máis éxito en internet é a World Wide Web, que a súa tradución é arañeira de alcance mundial. Realízase a través de páxinas web. Que conteñen imaxes, texto... que tamén se chaman páxinas de hipertexto.
Correo electrónico. 
Permite ao usuario recibir e enviar correos electrónicos a outros usuarios da rede situados en calquera lugar do mundo ao instante.
Transferencia de ficheiros. 

Permite enviar ou recibir entre dous ordenadores conectados á rede.
Grupos de noticias. 

É un servizo de internet que permite ver os grupos de noticias.
Chat e videoconferencias.

 Pódense manter conversacións con outras persoas en tempo real. Pódese utilizar usando un texto ou por medio de videoconferencia.
Outros.

 Hai unha gran variedade de servizos dispoñibles tales como comercio eletrónico...
Tipos de conexión.

Liña telefónica. Utilizan o cable do teléfono tradicional.
          - Liñas analóxicas . A conexión realízase cun modem. É unha conexión lenta e non permite utilizar o teléfono mentres estas conectado.
    - Liñas dixitais. A información se envia codificada dixitalmente, transmitíndose máis rápida, segura e eficazmente. Son capaces de integrar varios servizos. A máis coñecida o ADSL. Utilízase un router e a conexión a internet é permanente.

Cable. 
Ten características similares á ADSL pero utiliza un cable de fibra óptica que chega ata o domicilio para a conexión. ProporciónaoOno, Telecable...
Telefonía móbil. 
O acceso a internet é posible a través da telefonía móbil para a conexión con teléfonos ect. Alcanzan velocidades baixas e as súas tarifas son elevadas. Evolucionou a través de diversas xeracións baseadas en distintos sistemas como GMSGPRSect. Os móbiles de cuarta xeración son capaces de ofrecer aos usuarios prestacións e servizos similares aos do ordenador.
Via satélite. 

Permite dar cobertura a zonas onde non pode chegar o cable e a base da televisión interactiva dixital.
Rede eléctrica. 
Aprovéitanse as liñas eléctricas para transmitir datos a alta velocidade. Elimina a instalación de cables novos e só utilízase un simple enchufe eléctrico para a conexión.
Ancho de banda.
É a velocidade de transmisión dos datos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario