martes, 10 de abril de 2012

Historia de internet .

Internet : Unha rede de redes .
Nunha aproximación dise que internet é unha rede mundial de redes de ordenadores, permite comunicarse de forma directa e comparte información e servizos de todo o mundo.Un ordenador pode comunicarse a outro, con tal de que ese estea conectado a internet. Para que exista ten que haber un protocolo, que é un conxunto de convencións que determinan como se realiza o intercambio de datos. Chámanse abreviadamente TCP/IP.

Novas posibilidades que ofrece internet .




Habilita demasiadas posibilidades. Créanse novas ferramentas e sistemas que facilitan a comunicación entre os usuarios de internet. Pódense destacar medicina, a economía ou a investigación.
- Internet é un enorme almacén de información.
-A rede de hoxe en día é un gran mercado.
-As culturas e sectores minoritarios teñen a oportunidade de utilizar a rede para a súa difusión.
-Utilízano os médicos para diagnosticar a un paciente en situación de risco..
-Os investigadores e entidades participantes no Proxecto Xenoma Humano para transferir as súas información.
-Os astrónomos tamén comparten datos de telescopios de todo o mundo.


Nacemento e evolución de internet.


1962 ; A guerra fría e baixo o control do departamento de defensa dos EE.UU desenvólvese o proxecto ARPANET, tiña como obxectivo idear un sistema mediante nun hipotético caso dun ataque da UNIÓN DE REPÚBLICAS SOCIALISTAS SOVIÉTICAS puidérase ter acceso á base militar. A solución era unha rede composta por ordenadores e que non tivesen que ver nada entre eles, por se desaparecia un nondañaria aos outros.





1969 ; Semanas antes de que o ser humano pisase a lúa, conectáronse catro ordenadores, creando a primeira rede ARPANET.












O home na lúa .


1972;Incorpóranse máis ordenadores á rede ARPANET.


1983 ;Establécese o protocolo TCP/IP como protocolo estándar que utilizarían todas as redes conectadas a ARPANET.


1989 ;Desaparece ARPANET pero xa se establecera unha malla mundial entre moitas institucións que crearan as súas propias redes que podían comunicarse entre si. O número de conectados superaba os 100 000. O investigador de CERN desenvolve un sistema de comunicación baseado no hipertexto.












Tim Berners -Lee

1992 ; Creceu o número de usuarios e o volume de información dispoñible facía difícil encontrar información concreta. Apareceron os primeiros sistemas que permitían obter unha lista de direccións.


1993 ; Aparecen os primeiros navegadores web.
















Conexións a internet .



O número de ordenadores conectados a internet foi crecendo continuamente en todo o mundo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario